Tuesday 14 de May de 2024

Ampliación para a inscrición na formación en planificación e iniciativa emprendedora para pequenos negocios ou microempresas


Desde o Concello de Ortigueira ampliamos o prazo para a inscrición na formación en planificación e iniciativa emprendedora para pequenos negocios ou microempresas.

O prazo amplíase ata o vindeiro luns 31 de outubro.

Toda a información no servicio de orientación do Concello de Ortigueira, a través do correo electrónico malvarez@concellodeortigueira.com, ou ben no número de teléfono 698196697.

Esta formación, que é totalmente gratuita, pertence ao Proxecto PEL Emprego Sostible da Deputación da Coruña, está cofinanciado polo Fondo Social Europeo e está xestionada por Adecco.

Este curso pretende desenvolver coñecementos empresariais e impulsar a empregabilidade dos asistentes.